Sunday 19 de May de 2024

Incendio no garaxe dun edificio da rúa Anxo Senra, no Concello de Culleredo


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arteixo foron alertados esta mañá dun incendio no garaxe dun edificio de doce andares da rúa Anxo Senra, situada no Burgo, no Concello de Culleredo.

O incendio, ocasionado nun garaxe dunha única planta, foi iniciado pola combustión dun vehículo alí estacionado. As chamas propagáronse rapidamente ao turismo que estaba aparcado ao seu carón e o fume afectou a todos os automóbiles do garaxe, así como ás instalacións de auga electricidade.

A incidencia causou que parte dos veciños foran evacuados, e aqueles que non puideron abandonar as súas vivendas foron confinados nas mesmas dado que, malia que os canóns das escaleiras dos portais 5 e 6 presentaban niveis, non perigosos para a vida, de monóxido, o risco era nulo dentro dos domicilios.

Os bombeiros do parque de Arteixo acompañarán durante a tarde de hoxe á Policía Científica para colaborar nas tarefas destinadas a esclarecer as causas do lume.

Deja un comentario